Sinopsis
Este documental ofrece unha perspectiva sobre o concepto de éxito feminino a través dos testemuños de mulleres de tres xeracións diferentes: Benedicta Sánchez, gañadora do Premio Goya á Mellor Actriz Revelación; Marisol Soengas, investigadora do CNIO e gañadora dos Premios Carmen e Severo Ochoa; e Laura Barceló, tres veces campioa de España de boxeo.
PREMIOS
Premio ao Mellor Documental no Couch Film Festival (Canadá).
Premio ao Mellor Documental nos Sicilian Film Awards.
Selección Oficial no Gollut Film Festival.
Selección Oficial no Rodinia Film Festival.
Selección Oficial no Festival de Cine de Santander.