Sinopsis
Marah goza dunha vida tranquila nunha vila onde comparte todo cos seus veciños. Coa chegada da súa filla Enia, a primeira nena que coñecen os seus habitantes, as cousas complícanse e a paz do pequeno paraíso vese comprometida. Mentres a nena medra, as preguntas que lle suxire o mundo que a rodea poñen en alerta a toda a vila. Os veciños comezan a comportarse de forma estraña e os impulsos humanos máis pasionais, ocultos ata daquela, comezan a aflorar. Marah trata de poñer fin ao seu dilema moral e comprender que é o que está a suceder realmente.