Sinopsis
Carlos e Margarita foron a parella de tango máis famosa e recoñecida da súa época. Hoxe, pouco ou nada que - da dese esplendor, desa paixón que os levou a compartir escenarios, viaxes e vida... Carlos vive en Madrid, gozando da segunda oportunidade que lle deu a vida e Margarita vive en Buenos Aires inmersa na pobreza e o esquecemento, pero con ese humor retranqueiro e ca - nalla que sempre a caracterizou. Canda o seu inseparable amigo Pichuquito, a parella inicia unha viaxe desde a cidade de Carlos Gardel ata o pé da cordilleira dos Andes; unha viaxe na procura de respostas, que os enfrontará ás súas lembranzas, aos seus medos, pero so - bre todo aos seus verdadeiros desexos.
PREMIOS
2023: Festival de Málaga: Mellor actor sec. (Marrale) e Premio do Público