Sinopsis
Ano 1966. Unha parella de turistas grávase gozando dun plácido día de praia. Ás súas costas, uns aldeáns deciden picar a un pastor local, que se xogará a honra ante a súa amada nun curioso xogo. Aos turistas atráelles o estraño xogo e deciden gravalo, sen seren conscientes da hecatombe que sucederá ante a cámara.