Sinopsis
Joaquín está namorado da súa mellor amiga de toda a vida, Lucía, e non se anima a confesalo. Ademais, Joaquín sofre de narcolepsia, e un inoportuno cambio na medicación xógalle unha mala pasada ao non saber cal é o límite entre o que soña e o que realmente sucede. Un día, reunidos no seu café de sempre, Lucía dálle a noticia de que vai casar, e Joaquín, aínda que namorado, decide felicitala e apoiala. Pasan as semanas e os preparativos da voda, e Joaquín tenta achegarse a Lucía coa dúbida de se realmente está preparada para casar ou non, o cal provocará en Lucía, sorpresa e confusión.