Sinopsis
Tras varios anos de relación, Iago e Tristán decidiron separarse. A tarde que Tristán recolle as súas cousas para marchar do piso que compartían, recibe a inesperada visita de Iago, que non debía volver ata que Tristán non se fose. O incómodo reencontro entre ambos convértese nunha desacougante experiencia cando Tristán recibe unha chamada que o cambiará todo.