Sinopsis
Un novelista e un cineasta investigan a figura de José Luis Espinosa Pardo, militante activo das organizacións armadas revolucionarias durante o Franquismo e a Transición, que acabou, porén, sendo confidente dos servizos secretos do Estado. A súa actividade pasaría desapercibida se non fose polo fracaso do intento de asasinato de Antonio Cubillo, disidente canario e líder da organización armada MPAIAC. En 1988, foi condenado a 20 anos de prisión, por considerar probado o Tribunal Supremo que algunhas persoas non identificadas «pero que pertencían á policía» decidiron «desmembrar» a organización separatista MPAIAC e facer desaparecer o seu líder, Antonio Cubillo, refuxiado en Alxer. Segundo o xuízo, estas persoas «indeterminadas» ordenaron o asasinato de Cubillo a José Luis Espinosa Pardo, quen «fora e fixera case de todo: como carpinteiro, espía, membro do Partido Comunista da España marxista-leninista, militante cualificado da Fronte Antifascista Revolucionaria e Patriótica e Secretario Xeral da UXT de Murcia». Foi a primeira sentenza de terrorismo de Estado en España. Morreu o 20 de novembro de 2016.