Sinopsis
Maca traballa como caixeira nun supermercado. Un día, mentres repón un
dos andeis, un mozo achégaselle por detrás e rózalle o traseiro co ‘paquete’. A moza amaga con enfrontarse con el, pero asáltanlle as dúbidas. Foi unha
agresión? Podo denuncialo? Faríallo a máis mulleres? Non lle pasa algo parecido a isto todos os días a centos de mulleres en todo o mundo? Sen saber explicar que ocorreu, Maca só sente que ten que facer algo. Ás agachadas do seu xefe, cóase no seu despacho e consulta as gravacións das cámaras de vixilancia do súper ata comprobar que ela non foi a única vítima. Maca non se deterá ata localizar o resto das mulleres agredidas, demostrar as agresións e facer xustiza.