Sinopsis
Geneviève é unha moza que vive coa súa nai e que a axuda na tenda de paraugas que teñen en Cherburgo. Está namorada de Guy, un mozo mecánico co que pensa casar malia a oposición da súa nai, que considera a Geneviève demasiado nova e a Guy demasiado pobre. Para pagar unha débeda, a nai vese obrigada a vender un colar a un rico xoieiro que se namora de Geneviève desde o primeiro momento. Entre tanto, Guy haberá de se ausentar durante dous anos para ir a Alxeria facer o servizo militar.
PREMIOS
1965: 4 nomeamentos aos Óscar: Incluíndo guión e banda sonora orixinal (tamén nomeada en 1964).
1964: nomeamento aos Óscar: Mellor película en lingua estranxeira (tamén nomeada en 1965).
1965: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película en lingua estranxeira.
1964: Festival de Cannes: Palma de Ouro, Premio Técnico e Premio OCIC.
1964: Premios do Sindicato da Crítica Cinematográfica Francesa: Mellor película.