Sinopsis
Mothertruckers é unha curtametraxe documental que expón unha mirada diferente á historia pouco representada das mulleres camioneiras. Ambientada despois do Brexit e durante a crise do transporte e do combustible no Reino Unido, aborda o conflito de ser muller nunha profesión dominada por homes. Á súa vez, explora a idea romántica de atopar a liberdade na estrada en contraste co duro e pouco convencional estilo de vida. En Mothertruckers, Lisa transporta o público ao seu mundo creativo, utilizando a cabina do camión como vehículo para combinar o realismo documental coa ficción, e ofrece unha visión orixinal e pouco representada en pantalla sobre o día a día das mulleres camioneiras. A través da animación e a voz en off, Lisa narra o seu impulso para escapar dun sistema produtivo ao bordo do colapso económico, evocando os mundos postapocalípticos que a autora imaxina e escribe. Ademais, este filme explora os límites do humano nun mundo mecanizado e produtivo, xogando con diferentes efectos e elementos que interveñen a realidade mentres expón un cambio sobre unha mirada estereotipada e tradicional da profesión. Se algunha vez te preguntaches como é ser unha camioneira, entón: «senta, abrocha o cinto e goza da viaxe».