Sinopsis
A vida semella ancorada no tempo para Encarna (Alexandra Jiménez) en Móstoles, a súa cidade. O mesmo traballo desde a adolescencia, o mesmo noivo e poucas perspectivas de que a cousa poida cambiar. Ao se reencontrar con María Dolores (Cristina Castaño), a súa inseparable amiga no instituto, a súa vida pega unha reviravolta. Proponlle entrar nun negocio revolucionario de venda piramidal que a fará rica en moi pouco tempo e a converterá na persoa que sempre quixo ser.