Sinopsis
Xoana pasa uns días de verán cunhas amigas, entre as que está Emma, unha rapaza coa que mantén unha especie de romance. Ninguén é consciente desa relación, xa que elas pasan desapercibidas. Xoana nunca tivo sexo e, malia que desexa estar con Emma, o medo a decepcionar ou a non estar á altura paralízaa. A presión que sente cada vez que entre as súas amigas xorde o tema do sexo vólvese un peso que a angustia, pois ninguén sabe que é virxe, nin sequera Emma. Xuntas manteñen unha conversa que aliviará o temor de Xoana.