Sinopsis
Un furancho tradicional das Rías Baixas está a piques de abrir as súas portas. Mayka decidiu poñerse á fronte da pequena adega familiar, logo de deixar o seu posto executivo nunha importante empresa de Marín. Mais non será tan doado como aparenta.
Silda, a matriarca, sufriu un accidente doméstico, a cociñeira non aparece e a súa filla adolescente só pensa en tocar o clarinete. Os primeiros clientes irrompen cun televisor para ver un partido de fútbol, e a chegada dunha parella da Garda Civil está a punto de facerlle perder os papeis.
Que ocorrerá se aparece o influencer da Furanchoesfera? A reapertura deste furancho vólvese unha singular comedia.