Sinopsis
San é un mozo con discapacidade intelectual. Está socialmente integrado grazas a María, a súa nai, unha mestra que dedicou o seu tempo para que San teña unha vida coma os demais. Cando a María a diagnostican de cancro de páncreas e lle dan apenas uns meses de vida, proponse ordenar o futuro do seu fillo sen ela, e é Luisa, a súa filla e irmá máis vella de San, quen debe coller o testemuño da súa coidadora.Coa morte de María, a desorde chega á vida de San, e con el, un novo tempo no que nada é como María imaxinaba.