Sinopsis
Cada ano máis de 4.000 persoas quítanse a vida voluntariamente en España: a primeira causa de morte non natural. Un problema que comeza a visibilizarse tras moitos anos de silencio.
Voces del silencio aborda esta problemática desde o retrato humano de catro persoas que constrúen a súa propia reflexión persoal sobre o suicidio.
Como resposta a unhas cifras arrepiantes e, moi en concreto, ao tabú que lastra os intentos de previr o suicidio e paliar as súas consecuencias, esta curtametraxe documental persegue crear un contexto sen prexuízos onde reflexionar sobre este drama humano que remata con 800.000 vidas cada ano no mundo. Unha cada 40 segundos.
PREMIOS
Mental Health Arts And Film Festival Portugal
Mon-Doc, Mostra Internacional de Cine Documental-Montaverner-España
Istambul International Nartugan Film Festival-Turquia
Psicurt Festival de Curtametraxes sobre Salut Mental-España